O noso proxecto de recuperación de leiras abandonadas implica “soterrar” literalmente moitos cartos para velos xermolar dentro de varios anos. Por iso fixemos no pasado unha campaña de crowdfunding. Grazas ao seu éxito conseguimos darlle un pulo moi importante ao noso proxecto durante o inverno de 2024.
Seguimos a medrar e queremos continuar coa nosa teima de recuperar máis leiras, diversificar nas nosas plantacións e conseguir un futuro para o rural. Se estás interesado/a cando fagamos novas campañas de patrocinio, venda de produtos ou posibilidades de pequenos investimentos envíanos un correo electrónico para que te informemos de primeira man ou séguenos nas redes sociais.