Recuperamos leiras para devolverlles a vida

Transformamos terreos abandonados no rural de Riós en fermosas plantacións de castiñeiros e outros exemplares.

Apadriña unha árbore e forma parte do cambio!

Xa temos todos/as estes/as padriños/as.

Recuperamos leiras para devolvelles a vida

Transformamos terreos abandonados no rural de Riós en fermosas plantacións de castiñeiros e outros exemplares. Apadriña unha árbore e sé parte do cambio!

Leiras de Progo

E logo que é isto?

Proxecto de recuperación de leiras abandonadas no rural. 

Partindo de pequenos terreos familiares, estamos a ampliar aos lindeiros que vemos abandonados. En cada leira deseñamos unha pequena plantación de árbores.

Como estamos no Concello de Riós, o seu son os castiñeiros. Pero tamén as nogueiras, as abelairas, as amendoeiras… 

E quen sabe se pistachos e algunha cousa máis! Queres colaborar?

Obxectivos do proxecto

Reducir riscos de lume con novos usos (silvicultura).

Xerar riqueza para o conxunto do territorio.

Facer accesible o rural a persoas alleas a este.

Potenciar as redes de venda directa co consumidor.

Crear estructuras que favorezcan o emprego rural.

Achegar a realidade rural a toda a  poboación.

Ver as leiras

O máis recente

Pódesme falar por aquí

Propietario da web: Xosé D. Veiga. Finalidade: xestionar, atender e responder as solicitudes de información ou calquera comunicación realizada a través deste formulario. Lexitimación: consentimento do usuario que fai uso da ferramenta. Destinatarios: os datos que nos envías están almacenados nos servidores de Dinahosting. Podes ver aquí a súa política de privacidade. Dereitos: podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Máis información: bótalle unha ollada á nosa política de privacidade.